#AllWeNeedIsFIOT
Xa latexa a XXVI Edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) e continuará co pulso firme até o 28 de outubro. Algo máis dun mes para gozar dun total de trinta e catro obras con tres coproducións, sete estreas absolutas e outras sete estreas na Galiza.
O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) foi transformando aos poucos a vila carballesa até convertela no que é hoxe, o corazón do teatro. E non é para menos, a esencia do FIOT radica na súa diversidade, na aposta na calidade e na promoción e creación dun público que o leva arroupando durante máis de vinte e cinco anos. “O FIOT é unha realidade grazas a toda a sociedade que o fixo posíbel, grazas ao esforzo e implicación de todas as persoas que colaboran, a Telón e Aparte e tamén ao departamento de Cultura, que traballa arreo, mais sobre todo, grazas ao público que temos e que o fai posíbel”, explícanos Marcos Trigo, concelleiro de Cultura de Carballo.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 265, á venda na loxa e nos quiosques habituais]