Agora si Valle-Inclán
O 2017, 151 aniversario do seu nacemento, si vai ser o auténtico ano Valle-Inclán grazas á liberación de dereitos de autor que deixa sen valor a prohibición da familia de ser representado en galego. Así que o autor arousán será a estrela das táboas neste ano que entra. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos ao respeito no Sermos Galiza 227.
Non foi polas boas pero foi. Logo de décadas de prohibición por parte da familia, os dereitos de autor caducan aos 80 anos do seu pasamento, e a liberación faise efectiva o vindeiro día 1 de xaneiro. Este feito administrativo define a vindeira temporada teatral, que vén protagonizada por textos de Valle: o primeiro espectáculo en estrearse será A cabeza do dragón, a cargo de Producións Excéntricas, dirixido por Quico Cadaval; e a segunda produción será a cargo do CDG, que sairá a escena con dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: A filla do capitán e As galas do defunto.
[Podes ler esta información íntegra no Sermos Galiza 227, á venda na loxa e nos quiosques]