Cuarto Día das Artes Galegas

A Academia de Belas Artes homenaxea o arquitecto pontevedrés De la Sota

O Día das Artes Galegas centrarase este ano no arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota. A celebración, convocada pola Real Academia Galega de Belas Artes para o vindeiro 14 de abril, homenaxea así o que denominan “o máis notábel arquitecto” no Estado español durante a segunda metade do século XX.
 

pavillón dos deportes de Pontevedra
photo_camera Pavillón dos Deportes de Pontevedra, obra de Alejandro de la Sota.

De la Sota naceu en Pontevedra en 1913 e morreu en Madrid 83 anos despois. Segundo a comunicación da Academia galega, “desenvolveu unha arquietctura que, desde o seu inicio, enlaza co pensamento máis avanzado do movemento moderno europeo”.

Alejandro_de_la_Sota

Entre os edificios e infrasetruturas construídas por Alejandro de la Sota en Galiza destacan o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (1966), o Colexio Residencia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1967), o Colexio dos Maristas na Coruña (1974) ou a Biblioteca Universitaria en Compostela (1990).

O arquitecto promoveu o chamado “industrialismo”, a introdución de elementos industriais na obra e na profesionalización da obra. De gran rigor xeométrico, a súa obra é amplamente estudada e foille recoñecida en vida co Premio Nacional de Arquitectura do Goberno do Estado en tres ocasións e coa Medalla Castelao da Xunta en 1990.

O Día das Artes Galegas foi instituído en 2015 pola Real Academia Galega de Belas Artes. Antes de De la Sota, o Mestre Mateo, Castelao e Maruxa Mallo foron os persoeiros distinguidos.

Nota: a fotografía de De la Sota é de Xurxo Lobato

Comentarios