A Academia asina un convenio coa súa homóloga brasileira

A Real Academia Galega asinará esta quinta feira “un convenio marco de cooperación” coa Academia Brasileira das Letras.
 

O acordo oficilizarase mañá, quinta feira, ás 12.15 da mañá na sede coruñesa da Academia Galega e nela participarán os presidentes das dúas entidades, Víctor Freixanes e Marco Americo Lucchesi. O texto “rexerá as futuras colaboracións entre ambas institucións”.

Despois do acto de sinatura, ambos os dous mandatarios ofrecerán unha comparecencia de prensa sobre os contidos concretos do mesmo.

Comentarios