2. Torradas de leite e canela

torradas
Unha sobremesa feita con produtos moi básicos:

2. Torradas de leite e canela

INGREDIENTES (para 4 persoas):

  • 2 ovos
  • 2 vasos de leite
  • 4 culleradas de azucre
  • 2 culleradas de canela
  • Media barra de pan do día anterior
  • Aceite
  • Azucre e  canela para acanelar

ELABORACIÓN

A simplicidade é, sen dúbida, a clave desta receita, tanto no que se refire á elaboración como aos ingredientes que se necesitan. Con pan, leite, azucre e  canela elaboraremos unha sobremesa barata e deliciosa. Para empezar, cortamos en liscas o pan do día anterior. Utilizamos este pan porque se estivese fresco, empaparíase demasiado e as tostas acabarían por romper. A medida das torradas é ao gusto, pero sempre tendo en conta que canto máis finas máis rápido empaparanse e fritiranse. O ideal é un pouco máis dun dedo de ancho.

A continuación, mesturamos o leite, a  canela e o azucre (a cantidade de azucre e  canela tamén será ao gusto do consumidor), e mollamos as torradas no líquido ata que se empapen ben, pero sen chegar a romper.

Por último,  rebozamos cada unha das  torradas con ovo batido e botámolas á tixola con aceite moi quente para que se tosten por fóra pero sen absorber excesiva graxa.

Cando estean doradiñas, retirámolas do lume e poñémolas sobre papel de cociña para quitar o exceso de aceite. Finalmente, colocámolas nunha bandexa e as acanelamos con máis  canela e azucre.

  • Tempo de elaboración: 15minutos
  • Dificultade: Baixa
  • Calorías: Media

DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, PIZZA DE CHOURIZO E QUEIXO TETILLA, PREMENDO AQUÍ