1. Pizza de chourizo e queixo tetilla

Tanto nas cidades como nas aldeas existe unha infinidade de posibilidades para comerse unha pizza. Con todo, nada mellor que unha pizza caseira, non? Pódese facer adaptada ao 100% aos nosos gustos e, aínda por enriba, moito máis barata e saborosa.

1. Pizza de chourizo e queixo tetilla

INGREDIENTES (Para 2 persoas):

  • 1 masa de pizza mediana conxelada ou precociñada
  • 100  mililitros de salsa de tomate
  • 3 liscos de queixo
  • 3 liscos de lombo
  • 3 liscos de chourizo
  • 2 liscos de pavo
  • 100 gramos de queixo de tetilla
  • 1 chourizo

ELABORACIÓN

Para que a receita sexa moito máis áxil na súa elaboración, usaremos masa e salsa de tomate precociñados. Se  queredes preparalos vós mesmos, na internet tedes unha enorme e estupenda variedade.

Como primeiro paso (após poñer a prequentar o forno a 220º) situamos a masa sobre un prato e estendemos sobre ela a salsa de tomate (axudándonos dunha culler), deixando o tamaño dos bordos ao gusto.

Unha vez feito isto cubrimos totalmente a salsa de tomate coas liscas de queixo, unha capa que á súa vez debe ser cuberta por outra composta por chourizo e pavo, deixando todo ben mesturadiño.

Logo cortamos o queixo de tetilla e o chourizo en  taquiños, que iremos repartindo pola parte superior da pizza. O queixiño fundirase no forno, repartindo a súa “deliciosidade” sobre toda a superficie.

Unha  vez preparada, introduciremos a pizza no forno xa prequentado a 220º durante 15 minutos, aínda que o tempo pode variar dependendo da masa (eu recoméndovos que  pinchedes a masa cun garfo para comprobar se está lista).

Cumprido este paso, a pizza xa estará lista para servir. Hai moita xente que antes de comela  bótalle perexil ou outras herbas… o meu consello é que non o fagades, xa que alterará o sabor da comida, e máis se usades ourego, que o fará desaparecer por completo. E agora… A comer!

  • Tempo de elaboración: 30 minutos
  • Dificultade: Baixa
  • Calorías: Altas

Comentarios