Sermos Galiza cumpre este 26-A 2 anos na rede, após totalizar máis de 11 millóns de páxinas vistas

O 26 de Abril de 2012 aparecía na rede Sermos Galiza, un dixital en galego e coa información precisa e alternativa como bandeira. Apenas 2 meses despois, o proxecto Sermos Galiza debruzábase tamén sobre os quiosques, como semanario. Hoxe é o único semanario integramente en galego. A tónica destes 2 anos na rede ten sido a do incremento constante de visitas: a Comunidade Sermos non deixa de medrar.

Pantallazo sermos galiza
photo_camera Pantallazo sermos galiza

Máis de un millón de usuarios únicos en 24 meses e algo máis de 11 millóns de páxinas vistas, en concreto 11.024.982, de acordo cos dados de Google Analytics. Así se resumen as estatísticas de Sermos Galiza ao longo dos seus dous primeiros anos de vida, un período en que este dixital tivo como propósito o de reforzar e alargar o espazo de comunicación galego e en galego, con información e opinión alternativa e autocentrada no país, con vocación de dar voz a aqueles que non a teñen.

O índice de usuarios únicos -o número de terminais desde o que se accede ao web- non deixou de medrar desde que Sermos Galiza apareceu na Rede. Nos seus primeiros doce meses de existencia, este dixital abeirou o medio millón de usuarios únicos -479.520-; no segundo ano de vida, Sermos Galiza deu un chouto e superou largamente os 500 mil utentes únicos, até se situar nos 573.693. Isto significa, que a audiencia deste meio medrou arredor dun 20% nos últimos 12 meses.

Sermos Galiza é xa o diario dixital galego líder nas redes sociais, cun total de 19.836 aderentes (10.015 en Twitter e 9.821 en Facebook).

Ese millón de utentes únicos viron 11 millóns de páxinas nestes 24 meses. Unha visita a Sermos Galiza dura de promedio, segundo Google Analytics, 14 minutos. E o índice de visitas novas está na contorna do 30%, o cal demostra que día a día se renova o público que accede ao noso web.

Constante aumento nas redes sociais

En parelelo ao incremento no número de visitas, estes 24 meses foron a historia da consolidación de Sermos Galiza nas redes sociais.

Neste momento, Sermos Galiza é o diario dixital galego líder nas redes sociais, cun total de 19.836 aderentes (10.015 en Twitter e 9.821 en Facebook).

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios