Muda a perspectiva, pásate a Sermos

Leo Arremecaghona nun fotograma do primeiro vídeo

Coa saída do novo xornal fixemos unha serie de vídeos de promoción dirixidos por Marcos Paino e Miguel Mosqueira, e protagonizados por coñecidos personaxes. [Vídeos no interior]

Os filmes, que foron publicados no Facebook obtendo milleiros de visualizacións, foron dirixidos polos tamén músicos Marcos Paino e Miguel Mosqueira, que tamén se ocuparon do guión e da montaxe. 

Neles convídase a mudar de perspectiva con axuda do humor. Están protagonizados por coñecidos personaxes, como o polifacético artista Leo Arremecaghona, as actrices Susana Sampedro ou Cristina Collazo, Odilo González e Moncho Mariño, entre outros.

Velaquí podedes velos en orde de aparición: