Arte imaxe patrimonio

O Instituto de estudos miñoranos propón unha xeira pola fraga de Oliveira

O Instituto de estudos miñoranos propón unha xeira pola fraga de Oliveira

A actividade comezará mañá na praza de abastos de Sabarís (Baiona). Na anterior xeira realizaron unha visita nocturna aos petroglifos da zona (video no interior).
Xosé Ramón García
photo_camera Xosé Ramón García

A fraga de Oliveira será a seguinte xeira aberta ao público que propón o Instituto de estudos miñoranos (IEM) este verán. A actividade terá lugar mañá e o percorrido estará guiado por Xosé Ramón García (IEM). Visitarase este lugar polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar, en Baiona, e Abrullido e Oliveira, en Gondomar. "Deste último recibe o nome" sinalan representantes do propio IEM. O punto de encontro desta xeira será no mercado de Sabarís ás 18 horas.

O IEM realiza cada ano saídas ou xeiras por paraxes de grande interese patrimonial e natural, coa participación de especialistas que explican a flora, fauna e outros datos. Unha das últimas foi unha visita nocturna aos petroglifos de Sabaris (Baiona).

Máis en Arte imaxe patrimonio
comentarios