Xunta e Gadis asinan un acordo para "promover o galego entre a mocidade" nas plataformas dixitais

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta, Román Rodríguez, e a directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, asinaron un acordo de colaboración para promover o uso do galego entre a mocidade en plataformas dixitais. O acordo, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, buscará potenciar e recoñecer o talento dos mozos que empregan o idioma propio de Galicia para crear contidos innovadores en redes sociais.

Presentación do convenio de colaboración entre Xunta e Gadis (Foto: Xoán Crespo).
photo_camera Presentación do convenio de colaboración entre Xunta e Gadis (Foto: Xoán Crespo).
Comentarios