Volven a Santiago as Xornadas Nacionais de Natación para persoas con discapacidade intelectual

Special Olympics Galiza e o Concello de Santiago presentaron esta cuarta feira a edición 26 das Xornadas Nacionais de Natación para persoas con discapacidade intelectual, que a antedita asociación organizará este domingo, 10 de marzo, na capital galega. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro García, e o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández Pérez, estiveron acompañados no acto polo deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e a vicerreitora de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago, Pilar Murias Fernández, entre outras autoridades. Alí, a representante municipal puxo en valor unha iniciativa que reunirá un total de 147 nadadores e nadadoras procedentes de todo o país, que se retarán a partir das 10.45 horas no Pavillón de Fontiñas. 
García, Iglesias, Leira, Fernández, Lueiro e Murias, onte no Obradoiro. (Foto: Concello de Santiago).
photo_camera García, Iglesias, Leira, Fernández, Lueiro e Murias, onte no Obradoiro. (Foto: Concello de Santiago).
Comentarios