Panamá prohibe a minaría metálica e convoca un referendo logo das protestas contra unha mina de cobre

No sexto día de protestas en Panamá para exixir a derrogación dunha concesión a unha empresa canadense que pretende explotar unha mina de cobre a ceo aberto nunha área selvática, o presidente progresista Laurentino Cortizo resolveu na madrugada de hoxe convocar un referendo o 17 de decembro para que a poboación teña a última palabra arredor do contrato mineiro. En paralelo, o Goberno presentou un Proxecto de lei que acaba coa minaría metálica.
Laurentino Cortizo, presidente de Panamá, na madrugada de hoxe. (Foto: Presidencia de Panamá)
photo_camera Laurentino Cortizo, presidente de Panamá, na madrugada de hoxe. (Foto: Presidencia de Panamá)
Comentarios