Morre un veciño do Incio, na comarca de Sarria, mentres realizaba labores de roza nunha finca

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Un veciño do Incio (comarca de Sarria) faleceu esta sexta feira mentres realizaba labores de roza nunha finca. Ao parecer, caeu do muro sobre o que estaba a traballar, mais descoñécense as causas exactas do falecemento. Ao lugar mobilizáronse un helicóptero medicalizado e unha ambulancia, cuxos sanitarios tan só puideron certificar a súa morte.