Interceptado un menor que conducía baixo os efectos do alcol canda o seu pai, tamén ebrio

A Garda Civil de Ourense interceptou a pasada sexta feira un menor de idade que conducía un vehículo a pesar de carecer de permiso e que, ademais, estaba baixo a influencia do alcol. Ao mozo acompañábao o seu pai, que non puido facerse cargo do coche dado que tamén estaba ebrio. Os feitos sucederon contra as 23.45 horas no quilómetro 580 da estrada N-120, nas proximidades de Santa Cruz de Arrabaldo, en Ourense. Ao deter o coche, que se dirixía á localidade de Punxín, os axentes observaron que o seu condutor presentaba "síntomas evidentes de encontrarse baixo a influencia de bebidas alcólicas". De feito, arroxou un resultado positivo de 0,52 mg/l na primeira proba e de 0,51 mg/l na segunda.
#alcol #alcolemia O condutor non tiña a idade legal para conducir. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O condutor non tiña a idade legal para conducir. (Foto: Nós Diario)
Comentarios