Gandeiros levantan a súa protesta ante a sede da Xunta en Lugo pero continuarán na subdelegación do Goberno español

Gandeiros de carne decidiron levantar a súa protesta ante a Xunta en Lugo tras unha reunión esta segunda feira co conselleiro de Medio Rural, José González, co que chegaron a un principio de acordo. E é que decenas de tractores quedaron aparcados na Rolda da Muralla desde a manifestación decorrida a pasada quinta feira. Diso informa o presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, Santiago Rego, que explica que "levaremos os tractores, si" e non protestarán ante a Xunta, pero continuarán coas súas mobilizacións en Lugo ante a subdelegación do Goberno español.

Gandeiros durante a protesta na sede da Xunta en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Gandeiros durante a protesta na sede da Xunta en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios