Os galegos residentes no estranxeiro aumentan 1,4% no último ano, até 539.972 persoas

A poboación galega residente no estranxeiro aumentou 1,4% durante 2023, alcanzando as 539.972 persoas a 1 de xaneiro de 2024, segundo datos publicados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Por provincias, 185.832 coruñeses viven fóra, así como 156.889 pontevedreses, 76.318 lugueses e 115.933 ourensáns. Do total de galegos que reside no estranxeiro, 113.877 vive noutros países europeos, destacando o caso de Alemaña, que alberga 17.717 galegos; así como Francia, onde hai 19.514. En América residen máis de 410.590 galegos. Deles, 182.633 están en Arxentina e 46.593 en Cuba.

Berlín
photo_camera En Alemaña residen case 18.000 galegos e galegas (Foto: Europa Press)
Comentarios