Falece en Poio unha muller tras envorcar o seu vehículo nun accidente de tráfico

Unha muller, M.T.R.B. de 67 anos de idade e veciña de Zaragoza, faleceu na tarde desta sexta feira na localidade de Poio tras saír da vía o vehículo en que viaxaba. Tal como informou a Garda Civil, os feitos ocorreron no punto quilométrico 9 da estrada PO-308, que une Pontevedra con Sanxenxo, ao seu paso por Poio. O vehículo saíu da vía e chocou, polo que terminou envorcando tras o impacto.

Imaxe do accidente mortal en Poio (Foto: Garda Civil).
photo_camera Imaxe do accidente mortal en Poio (Foto: Garda Civil).
Comentarios