Extirpan por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

O persoal do equipo de cirurxía xeral do Complexo Hopitalario Universitario da Coruña (Chuac) extirparon por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica. A paciente, unha muller de 60 anos, foi dada de alta e evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio, segundo informaron fontes hospitalarias. O médico adxunto do servizo de cirurxía xeral do Chuac Javier Aguirre explicou que esta operación é a técnica cirúrxica "máis complexa" de toda a patoloxía hepato-biblio-pancreática.

O equipo de cirurxía que usou o rotob para a extraccioón do páncreas (Foto: Chuac).
photo_camera O equipo de cirurxía que usou o rotob para a extraccioón do páncreas (Foto: Chuac).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios