O Executivo de Rusia aproba un proxecto de estación lunar conxunta coa China

A Comisión de Proxectos Lexislativos, que depende do Gabinete ruso, deu luz verde á creación dunha estación científica conxunta entre Rusia e a China na lúa, informaron hoxe medios rusos. A proposta está incluída nun proxecto de lei para ratificar os pactos no ámbito da cooperación espacial entre ambos os dous países. A previsión é que a construción da base lunar remate entre 2035 e 2040, facilitando a presenza do ser humano no satélite.

A Estación espacial internacional en abril deste ano. (Foto: NASA Johnson)
photo_camera A Estación espacial internacional en abril deste ano. (Foto: NASA Johnson)
Comentarios