Donald Trump incide en que é vítima dunha "persecución política" na apertura do primeiro xuízo penal contra un ex presidente dos EUA

Manifestación contra Donald Trump fronte ao xulgado, a segunda feira. (Foto: Gina M Randazzo / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)
O primeiro xuízo penal contra un ex mandatario estadounidense deu inicio a segunda feira en Nova York con Donald Trump como acusado por 34 cargos de falsificación documental, nunha trama na que tería pagado 120.000 euros a unha actriz e directora de cine pornográfico para que ocultase unha presunta relación fóra do matrimonio. Trump, candidato republicano nas presidenciais de novembro, cualificouno como unha “persecución política”.