Dez anos do aberto Moncho Valcarce de Billarda

A aldea de Pontoxo, no concello de Cerceda, reuniu arredor dun cento de persoas para algo máis que unha competición deportiva, pois o X Torneo Aberto de Billarda Moncho Valcarce serviu, como aconteceu sempre ao longo da súa xa extensa traxectoria, para homenaxear o coñecido como Cura das Encrobas. Alí os podios foron, na categoría absoluta, para Xan Rodiño (Lúa de Forza), escoltado por dous membros de APB A Laracha, Ricardo Torres e Xosé Collazo. Con respecto á feminina, primeira foi Sonia (Cochiqueiros de Cerceda), segunda Rosi (APB Laracha) e terceira Silvia (Cochiqueiros). Durante a entrega de trofeos levouse a cabo un acto de homenaxe diante do busto de Moncho Valcarce ao que asistiron todas as persoas que tomaron parte da competición, así como os e as espectadoras presentes.
Os gañadores absolutos, a carón do busto do homenaxeado.  (Foto: FGDA).
photo_camera Os gañadores absolutos, a carón do busto do homenaxeado. (Foto: FGDA).
Comentarios