Detidas dúas persoas pola queima de buses urbanos en Vigo, unha delas empregada de Vitrasa

A Policía Nacional detivo un home e unha muller como presuntos autores de dous delitos de incendio e estragos pola queima de dous autobuses urbanos en Vigo, sendo ela empregada da concesionaria municipal Vitrasa, dona dos vehículos calcinados. Tal e como informou devandito corpo de seguridade, os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús comezou a arder nunha céntrica rúa da cidade olívica, ficando totalmente calcinado.

Un dos buses urbanos de Vigo calcinado o pasado 1 de maio (Foto: Policía Nacional).
photo_camera Un dos buses urbanos de Vigo calcinado o pasado 1 de maio (Foto: Policía Nacional).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios