A Deputación da Coruña e a USC analizarán a situación económica galega

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou esta cuarta feira un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, para a colaboración entre ambas as institucións no programa "A Economía Galega. Informe 2022". Este proxecto consiste na elaboración dun informe anual sobre a economía galega no que se realiza un estudo sobre a dinámica recente e os problemas socioeconómicos da Galiza.
Xosé Regueira e Antonio López, esta cuarta feira, asinando o convenio. (Foto: Deputación da Coruña)
photo_camera Xosé Regueira e Antonio López, esta cuarta feira, asinando o convenio. (Foto: Deputación da Coruña)
Comentarios