A Deputación da Coruña presume de riqueza turística e gastronómica en Donostia

A Deputación da Coruña presentou esta quinta feira en Donostia "A provincia que sabe", unha xornada na que a entidade exhibiu a riqueza turística e gastronómica da man de diferentes produtores locais e do Restaurante Balarés de Ponteceso (Bergantiños), que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal. "Os nosos chefs e produtores son a nosa mellor marca", dixo o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira
Xosé Regueira (cuarto pola dereita) con chefs e produtores. (Foto: Deputación da Coruña)
photo_camera Xosé Regueira (cuarto pola dereita) con chefs e produtores. (Foto: Deputación da Coruña)
Comentarios