Denuncian un posíbel caso de sumisión química en Redondela

Unha moza denunciou o pasado 19 de xullo sufrir unha posíbel submisión química nunha discoteca de Redondela (comarca de Vigo), segundo confirmaron fontes policiais consultadas por Europa Press en relación a un caso duns días antes, o 16. A denunciante, que asegurou non sufrir "agresión, violencia física ou sexual", afirmou que consumira distintas substancias ao longo desa xornada, feito que confirma un informe médico, e explicou que os efectos derivados desa inxesta "non son os que deberían ser". A muller fíxose eco do sucedido en redes sociais, onde outras mozas tamén manifestaron ser drogadas botándolles substancias nas súas bebidas, se ben as mesmas fontes confirmaron que "non hai máis denuncias" neste sentido. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeitou facer declaracións sobre estas denuncias.
#cervexa #alcol #bebida (Foto: Nós Diario)
photo_camera #cervexa #alcol #bebida (Foto: Nós Diario)
Comentarios