Cortada a N-640 á altura de Silleda polo envorco dun camión de transporte de animais

O envorco dun camión de transporte de animais á primeira hora da mañá provocou o corte da estrada N-640 á altura de Silleda (Deza). O condutor non resultou ferido e puido saír da cabina coa axuda duns particulares que acudiron a auxilialo. Malia que os animais non escaparon, o sinistro provocou a vertedura de combustíbel e aceite, polo que se requiriu a intervención dos bombeiros do Deza. Eran pasadas as 6 horas da mañá cando un particular chamou o 112-Galiza para informar do envorco do camión ocorrido no quilómetro 186 da N-640. Nese momento, o vehículo ocupaba o carril dereito e o condutor xa estaba fóra.
triángulo coche accidente emerxencia estrada (Foto: Nós Diario)
photo_camera (Foto: Nós Diario)
Comentarios