Continúan as tarefas de extinción do fogo no barco mercante en Punta Langosteira

Os bombeiros continúan traballando na extinción do incendio declarado a pasada terza feira na carga dun buque mercante que transportaba carbón e que se encontra no porto exterior de Punta Langosteira. Os servizos de extinción interromperon as súas tarefas ao redor das 23 horas da propia terza, cando aínda non fora extinguido na súa totalidade o fogo iniciado sobre as 11.20 horas da mañá e que obrigou a activar o plan de autoprotección nas instalacións situadas en Arteixo.

Porto exterior de Punta Langosteira. (Foto: Autoridade Portuaria da Coruña)
photo_camera Porto exterior de Punta Langosteira. (Foto: Autoridade Portuaria da Coruña)
Comentarios