O conservador Harris xa é o novo primeiro ministro de Irlanda após renunciar Varadkar

Simon Harris, do conservador Fine Gael, foi elixido a terza feira como novo primeiro ministro irlandés logo da dimisión do seu predecesor e correlixionario, Leo Varadkar, grazas ao apoio dos outros dous integrantes da coalición de Goberno, o tamén conservador Fianna Fáil e os Verdes, o que lle permitiu alcanzar 88 votos a favor, con 69 en contra. Harris xa era membro do Executivo e dirixía o Ministerio de Educación Superior.

Simon Harris (centro) tras a súa designación no lexislativo, a terza feira. (Foto: Niall Carson / PA Wire / DPA vía Europa Press)
photo_camera Simon Harris (centro) tras a súa designación no lexislativo, a terza feira. (Foto: Niall Carson / PA Wire / DPA vía Europa Press)
Comentarios