Catro persoas feridas nunha colisión entre tres vehículos en Cangas

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)

Catro persoas resultaron feridas na noite desta segunda feira nunha colisión entre tres vehículos ocorrida na localidade de Cangas, na comarca do Morrazo. Foi sobre as 21 horas cando un particular informou ao 112 Galiza do accidente, que se rexistrou no quilómetro 12 da PO-305, á altura da parroquia canguesa de Hío. A partir de aí, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Os catro feridos tiveron que ser evacuados en ambulancia polos profesionais sanitarios.