A campaña pola edición do número 1.000 de 'Nós Diario' recalou na Guarda

Con motivo da edición do número 1.000 do xornal Nós Diario –que saíu do prelo o pasado sábado, 11 de novembro– o salón de plenos da Casa do concello da Guarda (Baixo Miño) acolleu esta quinta feira un encontro aberto, organizado polo propio Concello guardés. No acto tomaron a palabra o mariñeiro Joaquín Cadilla, Xoán Colazo, integrante do Consello de administración de Sermos Galiza –empresa editora do xornal–, e María Obelleiro, directora de Nós Diario. Obelleiro puxo en valor a importancia de que o único xornal impreso en galego chegara até o número 1.000, un feito que agradeceu ás persoas subscritoras "que son as que permiten que poidamos facer un xornalismo verdadeiramente independente, sen ataduras". A xeira de actos continuará esta sexta feira en Melide.
 
Joaquín Cadilla, María Obelleiro e Xoán Colazo, esta quinta feira na Guarda. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Joaquín Cadilla, María Obelleiro e Xoán Colazo, esta quinta feira na Guarda. (Foto: Nós Diario)
Comentarios