Unha de cada oito crianzas son vítimas cada ano no mundo de abusos sexuais en internet

Un estudo da Universidade de Edimburgo publicado a segunda feira conclúe que 302 millóns de crianzas no mundo, unha de cada oito, son vítimas cada ano da toma, intercambio e exposición non consentida de imaxes sexuais e vídeos en internet. O informe, que suxire que os Estados Unidos son unha zona cun alto índice de risco, sinala que no país americano un de cada nove homes admitiu ter cometido un delito contra menores en internet.

A explotación sexual en internet está a aumentar en todo o mundo. (Foto: marat)
photo_camera A explotación sexual en internet está a aumentar en todo o mundo. (Foto: marat)
Comentarios