O Burela visita o Roldán no primeiro partido da era pos Jozi

Regresa a competición con maior peso da representación galega, a Primeira División de Fútbol Sala Feminino, e faino cun choque no que o líder, Pescados Rubén Burela, visita o STV Roldán de Murcia (sábado, 18 horas) sabendo que será o primeiro no que non estará baixo os paus a lendaria Jozi de Oliveira, logo da despedida a pasada fin de semana da porteira brasileira. Antes, ás 11, o Poio Pescamar abrirá a décimo oitava xornada na Seca contra o Móstoles coa firme intención de recuperar a senda da vitoria catro semanas despois. Xa ás 17 será a quenda de Ourense OnTime, que colide no Paco Paz precisamente co último verdugo poiense, Les Corts. Para as 18 queda o Torcal-O Castro e ás 19.30 baixan o pano na Coruña Amarelle e Maxadahonda.
A lendaria meta brasileira (co '1') dixo adeus a semana pasada. (Foto: Pescados Rubén Burela).
photo_camera A lendaria meta brasileira (co '1') dixo adeus a semana pasada. (Foto: Pescados Rubén Burela).
Comentarios