O BNG exixe retirar a indicación para atender urxencias pediátricas por vía telefónica na área de Vigo

O BNG rexistrou esta cuarta feira unha batería de iniciativas no Parlamento galego para exixir a Sanidade explicacións pola “intolerábel” indicación trasladada ao persoal da área sanitaria de Vigo para derivar a Enfermaría e a atención telefónica as urxencias de crianzas que chegan a centros de Atención Primaria onte non hai pediatras. Sanidade admite que se traballa cos profesionais para “matizar” esa “guía de actuación”, mais a formación nacionalista exixe a súa “retirada”.

A deputada do BNG Montse Prado, acompañada das tamén deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e do candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A deputada do BNG Montse Prado, acompañada das tamén deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e do candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. (Foto: Nós Diario)
Comentarios