O Básquet A Coruña desata a febre e xa ten 6.000 persoas aboadas

O recente ascenso do Leyma Básquet A Coruña, que se unirá a próxima tempada ao Leite Río Breogán de Lugo na Liga ACB, desatou unha febre polo baloncesto na cidade herculina. Así o confirman as cifras feitas públicas pola escuadra laranxa, que revelou na xornada de onte que  xa superou as 6.000 reservas para formalizar os abonos de cara á tempada 2023/24. Isto significa que, case con total seguridade, o Básquet Coruña disputará os seus partidos como local no recinto do Coliseum, e non no Pazo dos Deportes de Riazor, como viña facendo até o de agora, pois a capacidade deste último pavillón é de tan só 4.425 espectadoras,  mentres que a do Coliseum supera as 8.000.
O apoio do 'Tsunami Laranxa' semella que a próxima tempada será no Coliseum. (Foto: Básquet Coruña).
photo_camera O apoio do 'Tsunami Laranxa' semella que a próxima tempada será no Coliseum. (Foto: Básquet Coruña).
Comentarios