Os arroaces boto volven deixarse ver fronte ás Illas Cíes
09 de agosto de 2023 (11:52 h.)
Mar de Ons, unha das navieiras que realiza transporte de pasaxeiros nas rías galegas, informou esta cuarta feira dun novo avistamento de arroaces na contorna das Illas Cíes (Vigo), tras o rexistrado a finais do pasado xullo. A tripulación de Mar de Ons informou desta volta de que albiscara un pequeno grupo de baleas Globicephala, en concreto na tarde desta terza feira, 8 de agosto, en augas da praia de Rodas. Porén, posteriormente desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) matizaron que se trataba realmente de arroaces boto (Grampus griseus).