A Audiencia española dá marcha atrás e revoga a orde para suspender Telegram

Santiago Pedraz, maxistrado da Audiencia Nacional española, revogou de forma definitiva a orde de bloquear Telegram tras recibir un informe da Policía que sinala que a medida afectaría oito millóns de persoas no Estado, transcendeu hoxe. A sexta feira, Pedraz ordenara suspender Telegram a raíz dunha denuncia de Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus, que alegan que en canles da aplicación se comparten contidos con dereitos de autor.

A aplicación de mensaxes Telegram ten 900 millóns de usuarias. (Foto: wichayada)
photo_camera A aplicación de mensaxes Telegram ten 900 millóns de usuarias. (Foto: wichayada)
Comentarios