Ana Miranda advirte da negación da violencia de xénero pola extrema dereita

No debate sobre o Día Internacional Contra a Violencia Machista que tivo lugar esta quinta feira na Eurocámara a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres (dúas na Galiza das 51 no Estado español no que vai de ano), “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”. Pese aos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos de extrema dereita”, alertou a eurodeputada nacionalista, que criticou ademais a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, esta quinta feira na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
Comentarios