A nova camiseta do Dépor, unha homenaxe á emigración galega

'ADÉmigración' é a nova camiseta coa que o Real Club Deportivo presumirá polos campos da Primeira RFEF da "estreita relación entre Galiza e o outro lado do Atlántico" a raíz da emigración. O novo deseño evoca a histórica primeira viaxe do Dépor ao continente americano hai xa 70 tempadas, en 1954, nunha xira na que disputou sete encontros amigábeis en tres países, Uruguai, Arxentina e Brasil, ante Nacional, Peñarol, Rampla Juniors, River Plate de Montevideo, San Lorenzo de Almagro, Flamengo e Fluminense, nunha viaxe que se prolongou durante un mes e medio. Na expedición participaron varias lendas deportivistas, como Otero, Lestón, Zubieta, Cuenca, Botanita, Lechuga, Pahíño, Arsenio, o arxentino Corcuera ou o uruguaio Moll.
Detalles da nova camiseta do Dépor. (Foto: RC Deportivo)
photo_camera Detalles da nova camiseta do Dépor. (Foto: RC Deportivo)
Comentarios