3,6 millóns de viaxeiras usaron a Alta Velocidade entre a Galiza e Madrid desde 2021

Os servizos de Alta Velocidade de Renfe que conectan a Galiza con Madrid fan dous anos tendo transportado perto de 3,6 millóns de persoas, segundo informou a compañía. En concreto, Renfe transportou anualmente arredor de 1,8 millóns de viaxeiras e viaxeiros nos 7.300 trens de servizos comerciais e enlaces que circularon pola liña de Alta Velocidade entre a Galiza e Madrid, estreada en decembro de 2021. Neste 2023, nos meses de setembro e outubro son os que máis se incrementou o número de viaxeiros en comparación con 2022, cun 9,2% e un 17,4% máis, respectivamente. A incorporación dos trens da serie 106, prevista durante o primeiro trimestre de 2024, completará a oferta de Alta Velocidade na Galiza, incrementando as frecuencias. 
Estación de Alta Velocidade na Gudiña (comarca de Viana). (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Estación de Alta Velocidade na Gudiña (comarca de Viana). (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Comentarios