GALERÍA | Así están a decorrer as mobilizacións no marco do paro laboral en solidariedade co pobo palestino
15/10/25 | 14:24
Actualizado: 15/10/25 | 21:18
| Tempo de lectura: 0 min.
Persoal de centros de traballo de toda Galiza secundou esta cuarta feira a xornada de paros laborais para exixir a fin do xenocidio en Palestina. A xornada de solidariedade foi convocada antes da sinatura do chamado plan de paz para Gaza –asinado polo Goberno gazatí e o de Israel na sexta feira e que se formalizou esta segunda feira en Exipto–. Con todo, este acordo de cesamento do fogo na Faixa de Gaza que foi incumprido esta terza feira polo Estado israelí, que matou varias persoas cando voltaban ás súas casas no territorio palestino tras rubricarse "a paz", unha situación que está sendo denunciada con forza polos sindicatos durante as mobizacións que se están a suceder por todo o país.
Etiqueta: