GALERÍA | Así decorreu a primeira das xornadas de folga no ensino convocadas para este 28 e 29 de outubro

Esta terza feira comezan as 48 horas de folga convocadas polos sindicatos CIG e STEG en todo o ensino medio desde infantil até Bacharelato, ademais da Formación Profesional e ensinos de réxime especial como os conservatorios, as escolas de idiomas ou as escolas de artes.