GALERÍA | Así foi a manifestación contra Altri
15/12/24 | 12:05
Actualizado: 15/12/24 | 16:19
A Alameda de Santiago de Compostela acolleu este domingo o arranque dunha manifestación convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) baixo o lema 'A Xunta non pode calar todo un país. Altri Non', unha cita que esperan que sexa "o último golpe sobre a mesa" para acabar con este proxecto. A manifestación, convocada para clamar contra o complexo industrial que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei (A Ulloa), saíu da Alameda compostelá e rematou na praza do Obradoiro.