Eólica Así Non: a Galiza, contra o 'boom eólico'
12 de decembro de 2021 (10:56 h.)
No Día das Montañas, 11 de decembro, máis de 170 entidades veciñais, ecoloxistas, políticas, sindicais e culturais manifestáronse para pedir un cambio no modelo de implantación eólica.
Convocadas pola plataforma Eólica Así Non, mobilizáronse nunha vintena de localidades galegas de forma simultánea.