Novo colapso nas Urxencias do CHUS: "Están instalados na banalización do maltrato asistencial"
Até 25 pacientes agardando en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso e adxacentes agardando, durante horas, a ser atendidas.
Até 25 pacientes agardando en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso e adxacentes agardando, durante horas, a ser atendidas.
Máis de 33% de consultorios locais de Atención Primaria existentes antes da chegada de Núñez Feixoo á Xunta da Galiza (marzo de 2009) foron fechados, a maioría en espazos rurais. O escaso investimento neste nivel sanitario, con Galiza situada na cola do Estado, está a xerar un empeoramento da calidade asistencial.
A canle pública recupera na xornada na que o Defensor do Paciente denuncia a situación da AP na Galiza, unha nova que a prensa publicou a semana pasada sobre as citas ás que non se presentaron os pacientes.
Cangas do Morrazo saíu esta terza feira á rúa en defensa dos servizos de Atención Primaria na localidade. Unha das queixas das persoas asistentes son os tempos de agarda para conseguir unha cita coa médica de cabeceira. O período medio de espera para unha consulta na especialidade de Medicina Familiar na Galiza non deixa de medrar.