CULTURA
Compostela reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas
16/maio/24
Na véspera do Día das Letras, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas.
Día das Letras Galegas
Marga do Val, escritora e tradutora: "Luísa Villalta escribiu para os tempos de hoxe"
09/maio/24
A escritora Marga do Val (Vigo, 1964) coordina o número especial do 'Sermos Galiza', con motivo do Día das Letras Galegas, que acompañará 'Nós Diario' este sábado 11 de maio. 'Luísa Villalta. Devir comunidade' aglutina textos dunha ducia de autoras e autores moi próximos a Luísa Villalta.