franquismo

Casa Cornide (Imaxe: Concello da Coruña).
MEMORIA E HISTORIA

A IV Marcha pola Devolución da Casa Cornide sairá o próximo sábado da coruñesa praza de María Pita

A marcha, que se iniciará ás 12 horas, exixe a toma de medidas para que a Casa Cornide pase a titularidade municipal.
Inauguración en Alxén o 22 de outubro do monumento en memoria dos cinco asasinados no lugar de Bouza do Viso, Salvaterra, O Condado. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Exhumar a identidade

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
Senén Pousa nunha imaxe de arquivo.
POLÍTICA

Falece Senén Pousa, o ex alcalde franquista de Beade

Pousa era un recoñecido franquista e até hai pouco o alcalde máis veterano de todo o país.
O escritor e ensaísta David Rodríguez. (Foto: Manuel Veiga)
star
Entrevistas

David Rodríguez: Galiza vs España

"A incapacidade de adaptación do legal ao real está detrás de moitas traxedias españolas", di David Rodríguez (Vigo, 1975), que recibiu o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais pola obra 'Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao'. Experto en filosofía política, é membro dos padroados da Fundación Luzes e da Fundación Galiza Sempre. Antes xa publicara 'O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega' (Xerais, 2018).
Traballos de exhumación en Castro-Pixeiros. (Foto: USC)
MEMORIA E HISTORIA

Comezan os traballos de exhumación da foxa de Castro-Pixeiros en busca de Anunciación Casado

Anunciación Casado, foi asasinada o 21 de agosto de 1936, cando tiña 38 anos, e como causa da morte as autoridades franquistas do momento sinalaron "fractura e destrución da masa cerebral".
Homenaxe aos "cinco descoñecidos de Cabreira", este domingo (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

A homenaxe aos "cinco descoñecidos de Cabreira" estivo marcada polos indicios para identificar estas vítimas da represión

Tras 87 anos, as pistas indican que poderían ser veciños de Moaña, e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña traballa para que se poida proceder á identificación con métodos científicos.
Igrexa de Cabreira.
MEMORIA E HISTORIA

Salvaterra renderá homenaxe o domingo aos "cinco sen nome"

Un monumento conmemorará a cinco homes asasinados durante a Guerra Civil en Salvaterra, dos que se descoñece a identidade.
O médico Manuel Díaz González. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Un documental difundirá a figura de Manuel Díaz, represaliado en Sarria

O ciclo de proxeccións está impulsado pola Deputación de Lugo
Mariano Blanco (sentado, no centro), xunto a, entre outros, Acracio Bartolomé (sentado, á esquerda), director do xornal 'CNT' en 1937, e Eleuterio Quintanilla (de pé, segundo pola dereita), destacado líder anarquista. (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

Localizadas as familias de Mariano Blanco e Baldomero Vigil-Escalera, dous dos asturianos fusilados en Celanova en 1939

84 anos despois dos asasinatos, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova logra contactar cunha bisneta de Mariano e unha sobriña de Baldomero, que mostraron a súa disposición a someterse ás probas de ADN.
Manuel Vilar, Mercedes Rozas e Xosé Ramón Ermida (Foto: Arxina).
MEMORIA E HISTORIA

Os fondos do Seminario de Estudos Galegos foron incautados e os seus membros, perseguidos

A Agrupación Cultural O Galo pon fin ás xornadas sobre o Seminario de Estudos Galegos.
Dionísio Pereira fai medrar o seu sitio web persoal. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Dionísio Pereira, historiador: "A Galiza non é submisa, sempre houbo rebeldes"

Con 60 anos o historiador Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) puxo en marcha un blog persoal que agora con 70 vén de ampliar e transformar nun sitio web onde dá conta da súa traxectoria como investigador. 'Na volta do camiño' condensa o seu compromiso coa memoria dunha Galiza rebelde.
Escavación en Bértoa. (Foto: ARMH)
MEMORIA E HISTORIA

Recuperan os restos de catro represaliados na foxa de Bértoa, en Carballo

Serían os corpos de Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, Pedro Pinilla Calvete e Pedro Pinilla Fraga, que presentan "evidencias de morte violenta".
Escavación en Bértoa. (Foto: ARMH)
Agora

Atopan cascos de bala na foxa na que se busca catro represaliados

Os arqueólogos que dirixen a exhumación dunha foxa común da Guerra Civil no cemiterio de Bértoa, en Carballo (comarca de Bergantiños) atoparon esta quinta feira os primeiros restos de violencia, como cascos de bala. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica explica que o lugar do achado fora sinalado por unha veciña. Alí espérase atopar os restos de catro persoas asasinadas polos franquistas.
Ciutat de la Justícia de Barcelona. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía apoia por primeira vez que se investiguen as torturas do franquismo

A Lei de memoria democrática abre a porta a desenterrar os crimes que a Lei de amnistía de 1977 non permitiu xulgar até o momento. E, por ese motivo, a Fiscalía de Barcelona apoia a admisión a trámite da querela presentada polas torturas ao sindicalista catalán Carles Vallejo.
Alberto Núñez Feixoo e José María Aznar á saída da clausura do Campus FAES 2023, a pasada sexta feira en Madrid. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
Análise

Amnistía e autodeterminación

Manuel Monge é sociólogo e foi vítima do franquismo.
O Museo Naval de Ferrol conta cunha maqueta do buque 'Canarias', ao servizo das tropas franquistas na guerra mais sen aludir en ningún momento a iso.
MEMORIA E HISTORIA

Reclaman a retirada de 124 símbolos franquistas nun total de once concellos

Ferrolterra, Eume e Ortegal aínda contan con pegadas do franquismo. No Museo Naval de Ferrol existen até 16 exemplos de simboloxía franquista: "É un museo de exaltación do franquismo cuns textos propios da ditadura", censura Manuel Monge.
Julio Pacheco diante do Xulgado de Instrución 50 de Madrid, a sexta feira. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A Xustiza española escoita por primeira vez unha vítima de torturas na ditadura franquista

Após a negativa a admitir a trámite máis dun centenar de querelas, o sistema de Xustiza do Estado español permite declarar a unha vítima de torturas na ditadura, apoiada por unha testemuña tamén torturada polas forzas de seguridade.
A actriz e escritora Paula Carballeira. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Paula Carballeira: "O teatro é o grande espazo da liberdade de expresión; a proba é que foi o primeiro que censuraron"

Paula Carballeira vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra 'As alumnas' (Galaxia), unha peza que recupera a figura da mestra depurada María Barbeito e da que o xurado destacou que "constitúe un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate" e "os seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propuña a Segunda República".
Elección de Ramón Otero Pedrayo como novo presidente do Seminario de Estudos Galegos, na xuntanza do 30 de maio de 1936. Sentados, de esquerda a dereita: Ramón Sobrino, M. Díaz Rozas, Iglesias Vilarelle, López Cuevillas, Portela Pazos, Otero Pedrayo, Luís Iglesias, Xesús Carro, Sebastián González, Cordero Carrete, Filgueira Valverde, Vicente Risco, Paulino Pedret e Parga Pondal. De pé, de esquerda a dereita: Ogando Vázquez, Vidal Rey, López Durá, Alfonso Vázquez e Pérez Colemán. (Foto: Ksado)
star
Reportaxes

Ramón Otero Pedrayo, derradeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos

Ramón Otero Pedrayo foi o cuarto presidente do Seminario de Estudos Galegos (SEG), institución creada en outubro de 1923. Foi escollido para a Presidencia o 30 de maio de 1936 e desempeñou o cargo durante seis semanas, ata o 18 de xullo, cando o golpe de Estado franquista truncou con  violencia a vida do Seminario e doutros proxectos galeguistas. Adentrámonos naqueles poucos pero intensos días de 1936.
Francisco, 'Paco', Trigo [porteiro], posa sobre estas liñas co resto dos seus compañeiros do Deportivo, onde xogou nos anos 30. (Foto: Familia Trigo)
star
Reportaxes

Paco Trigo, o futbolista salvado polo 'Diaño'

Francisco, 'Paco', Trigo foi un de tantos xogadores que viu a súa carreira interrompida polo franquismo. Futbolista do Deportivo antes do golpe de Estado, o seu gran rendemento levouno a asinar polo Rácing de Santander, que por aquel entón adoitaba coquetear coa zona nobre da clasificación. Mais unha noite de verán do 36, xa de volta na Coruña logo da sublevación, un grupo de falanxistas irrompeu no cabaré en que se atopaba coa intención de pasealo, escapando da morte "o rapaz con máis mala sorte que pisou un campo de fútbol" grazas á milagrosa intervención do 'Pequeno Diaño', Hilario Marrero.