franquismo

Busto de Manuel Fraga situado na alameda de Vilalba. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Piden retirar o busto de Fraga da alameda de Vilalba por “incumprir” a lei de memoria histórica

O BNG de Vilalba (A Terra Chá) solicita retirar símbolos franquistas na localidade

A antiga rúa do Caudillo de Beade. (Foto: Google)
MEMORIA E HISTORIA

Beade, o concello gobernado polo franquista Senén Pousa até o pasado ano, cambia o nome da rúa do Caudillo

A vía pasa a denominarse rúa do Ribeiro tras un acordo entre as diferentes forzas políticas representadas na corporación. O alcalde, Fernando Taboada (PP), nega que o concello simpatice co réxime franquista e afirma que iso é "algo do pasado" que atribúe a Pousa.
Participantes no Congreso de Neuropsiquiatría decorrido en Compostela en 1952, retratados diante do Psiquiátrico de Conxo (Compostela) (Foto: Cedida por David Simón).
star
Reportaxes

Tolas no franquismo: As mulleres que a ditadura fechou en Conxo

O silencio cara ás vítimas do franquismo, e nomeadamente ás mulleres, foi aínda máis fondo para quen padeceron enfermidades mentais ou foron tratadas como tolas por un réxime misóxino que, lonxe de amparalas, fechounas en Conxo. A dureza do psiquiátrico superou a dos cárceres e foi mortal para as que, carentes de medios, asilaron as Deputacións. Á fin, a tolemia foi outro lucrativo negocio da ditadura.
Cruz franquista situada no monte do Castro de Vigo. (Foto: Liliya Trott)
MEMORIA E HISTORIA

Manuel Monge, vítima do franquismo, recorre ao Defensor do Pobo para demandar a retirada das 'cruces dos caídos'

No caso concreto de Vigo e a cruz do Castro, a pesar dunha denuncia presentada hai anos, os tribunais acabaron por dar a razón ao Concello na súa decisión de non retirar ese símbolo.
Ferrol-memoria-historica
MEMORIA E HISTORIA

Ferrol homenaxea o 24 de febreiro os 900 asasinados na comarca polo franquismo

O parque Antón Varela inaugura un memorial ás vítimas.
Cruz erguida en 1939 pola Falanxe no Outeiro da Obra de Celanova (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Que facer coas cruces dos caídos?

Manuel Monge é sociólogo e vítima do franquismo.
Dolores Veiga, a Manuelona, carniceira en Lérez, e Belarmina Otero, madriña en Rianxo. (Fotos: Concello de Pontevedra / Arquivo familiar)
star
Análise

As mil caras da solidariedade

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
Elisardo Freijo López con outros 
guerrilleiros abatidos pola Garda Civil. . /Foto: S. G.).
star
Reportaxes

Lupe Martínez: A memoria da guerrilla antifranquista

Socióloga, funcionaria da Administración, investigadora... Dous anos dedicados á obra Coa man armada (2007) e dezaseis á que vén de publicar, Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña (Editorial Galaxia, 2023), con trescentas fichas de xente da guerrilla e 125 causas militares expurgadas, un traballo inxente que a converte nunha das historiadoras de referencia nas investigacións da resistencia armada ao franquismo...
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
star
Reportaxes

'Sempre en Galiza' e a censura franquista

Sempre en Galiza constitúe, con certeza, o libro galego máis perseguido polo franquismo. O acoso foi constante e á vez obstinado. Así, non se permitiu a importación das edicións arxentinas e moito menos se tolerou que se emprendese calquera intento de imprentar a obra no noso país. Os exemplares editados en Bos Aires e París que entraban clandestinamente tamén viron obstaculizada a súa difusión.
Traballos no cemiterio do Val, en  Narón
MEMORIA E HISTORIA

Buscan unha das maiores fosas creadas polos golpistas na Galiza en 1936

O equipo do Plan de Memoria Democrática lembra que o 26 de decembro de 1936 se levou a cabo unha das máis grandes execucións masivas das que hai constancia na Galiza, cun total de 34 persoas asasinadas
Fosa del Cementerio do Val de Narón (Foto: USC).
MEMORIA E HISTORIA

Investigan en Narón unha das maiores fosas comúns de vítimas do franquismo na Galiza

Os traballos comezaron este outono coa sondaxe do xeorradar no cemiterio, e coa investigación histórico-documental, na cal tamén participa a Asociación Cultural Memoria Histórica e Democrática. Mesmo é posíbel, estima o equipo de especialistas, que haxa máis dunha fosa, tendo en conta o elevado número de persoas alí enterradas en diferentes datas, máis de 50.
Entrada ao Val de Cuelgamuros durante o proceso de exhumación. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
Agora

A Xustiza española reactiva as exhumacións no Val de Cuelgamuros logo de suspendelas

Poucos días despois de suspender de forma provisoria os traballos de exhumación de vítimas da ditadura franquista no Val de Cuelgamuros, na Comunidade de Madrid, a Audiencia Nacional española deu marcha atrás hoxe á medida ao constatar que unha denuncia pola vulneración da liberdade relixiosa da familia dunha persoa sepultada, impulsada por unha asociación ultracatólica de extrema dereita, non tiña fundamento.

Estado en que quedou a madrileña rúa Claudio Coello após o atentado contra Luis Carrero Blanco. (Foto: EFE / Berria)
star
INTERNACIONAL

"E voou": fanse 50 anos do asasinato de Carrero Blanco a mans de ETA

Hoxe fanse 50 anos da Operación Ogro, cando un grupo formado por tres militantes da ETA asasinou o presidente do Goberno español, Luis Carrero Blanco, en plena ditadura franquista. Esta é a historia duns feitos que cambiaron o curso da historia.
Protestas do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. (Foto: Fundación 10 de marzo)
MEMORIA E HISTORIA

A Xustiza ordena recoñecer Amador Rey como vítima do franquismo

A Audiencia Provincial da Coruña estimou o recurso de apelación dos tres fillos do falecido e revogou o auto ditado en primeira instancia número 3 de Ferrol, en canto negaba a súa xurisdición para tramitar a declaración de feitos pasados solicitada. A resolución é firme e non cabe recurso.
Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
LINGUA

Dimite o responsábel do exame de galego da ABAU que eliminara do temario a historia do idioma anterior a 1981

Gómez Clemente presentou a súa dimisión alegando “motivos persoais”. 

placa noia conemmorativa
MEMORIA E HISTORIA

Sabías que Noia foi bombardeada no Día da Patria Galega de 1936?

Unha placa que lembra aquel ataque desapareceu estes días. 

esdcudo fraqnuista
VÍDEO NO INTERIOR

Destrúen a marteladas o escudo franquista da rúa Michelena de Pontevedra

Unha persoa subiu por unhas estadas até onde está o escudo para bater nel cun martelo.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, e o rei español, Felipe VI. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
star
Análise

Impunidade de militares golpistas

Manuel Monge é sociólogo e vítima do franquismo.
Pedro Sánchez, no seu escano, durante a votación de investidura desta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Investidura

Militares retirados chaman o Exército a dar un golpe de Estado e depor Sánchez

Medio centenar de ex altos mandos militares elaboran un manifesto no que instan as Forzas Armadas a destituír o presidente Pedro Sánchez e convocar novas eleccións.
O artista Agustín Ibarrola. (Foto: Berria)
Obituario

Falece o artista Agustín Ibarrola aos 93 anos

Ademais de crear o Bosque de Oma, impulsou a Escola Vasca de Arte, e foi un destacado militante primeiro contra o franquismo e logo contra ETA.