Mobilización en Ribeira pola "vergoñenta" falta de médicos
Galiza é a segunda comunidade do Estado que menos inviste en Atención Primaria
O investimento da Xunta da Galiza en Atención Primaria está 13,1 puntos por baixo das recomendación da OMS e é 2,2 puntos inferior á media estatal. A falta de recursos suficientes está a provocar un deterioro da calidade asistencial no primeiro nivel sanitario, denuncian profesionais e usuarias.
Amnistía Internacional alerta das "carencias" da Xunta da Galiza en políticas de vivenda, sanidade e violencia machista
Lembra o uso "excesivo" da forza policial con balas de goma para disolver unha manifestación do metal en Vigo
Pontón atribúe aos "recortes" do PP as vacantes MIR en Primaria na Galiza
A Galiza é a cuarta autonomía con máis vacantes na convocatoria do Sistema Nacional de Saúde
Deixa sen cubrir 63 prazas de MIR de Medicina a pesar das reclamacións da Xunta a Madrid
A Xunta recorta unha media de tres profesionais de Atención Primaria cada mes
SOS Sanidade Pública "ispe" as carencias da Atención Primaria ante o Parlamento
Son casos puntuais...
MAPA | Case sete de cada dez concellos carecen de matrona na Galiza, que está á cola do Estado neste servizo
214 concellos galegos carecen de matronas. Segundo os últimos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, referidos a 2023, até 68% dos municipios galegos non dispoñen deste servizo. A Galiza atópase á cola do Estado e dos países da OCDE nesta prestación sanitaria.
Sen médico en Covelo... e sen ambulancia para trasladalo a Ponteareas: "Din que me busque a vida, que colla un taxi"
Muras, 15 días sen asistencia médica: "Soubémolo polos veciños, o Sergas non deu ningunha explicación"
O centro de saúde Muras, na comarca da Terra Chá, leva dúas semanas sen asistencia médica. A decisión adoptouse sen que a Xerencia da área sanitaria de Lugo dese ningunha explicación ás autoridades locais. A veciñanza de Muras mobilizouse esta sexta feira para reclamar a volta do servizo nun acto convocado polo Goberno local.
A Atención Primaria carece de prazas de especialistas en Psicoloxía
A Atención Primaria galega non conta con ningunha praza de Psicoloxía malia que o 33% das persoas que requiren os servizos da médica ou médico de cabeceira fano por un problema de saúde mental. Neste sentido, os colexios profesionais e os colectivos en defensa da sanidade pública demandan a posta en marcha desta prestación para mellorar a calidade da atención e para reducir as listas de agarda.
MAPA | 85 concellos quedaron sen pediatra desde 2004 e xa son 194: cal é a situación no teu concello?
O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de facer públicos os datos sobre a asistencia pediátrica na Galiza no ano 2023. As cifras do IGE apuntan que desde 2004 o cadro de persoal de Pediatría en Atención Primaria reduciuse un 19,8%, ficando nese período 85 concellos sen este servizo sanitario.
E agora que?
Galiza, á cola do Estado en atención primaria: só Madrid inviste menos
Retos para o novo Goberno galego tras o 18-F
As eivas da sanidade galega: máis do 74% dos concellos galegos carecen de atención pediátrica
O Carballiño, Verín e Xinzo saíron onte á rúa en defensa da sanidade.
Sanidade penaliza persoal de Atención Primaria por ter lista de agarda nas súas consultas
CIG-Saúde considera que non depende das traballadoras evitalo e exixe a retirada inmediata dos indicadores de demora Primaria dos ADX.