Salgue faise co triunfo na Conferencia Rías Baixas da Liga Atlántica de Billarda
Varias residentes desaloxadas por un incendio no garaxe dun edificio en Culleredo
Varios veciños e veciñas tiveron que ser desaloxados dun edificio de nove plantas de Culleredo (A Coruña) no que se rexistrou un incendio nun garaxe. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galiza, o inmóbel está situado na rúa Anxo Senra, no Burgo. Urxencias Sanitarias-061 tivo que atender unha persoa afectada por inhalación de fume. No edificio, que tivo que ser desaloxado parcialmente -outros veciños están confinados nas súas vivendas-, traballan os servizos de extinción.
Interveñen 779 quilos de sardiña en Ribeira nun pesqueiro que superaba o peso de capturas permitido
O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña incautou 779 quilogramos de sardiña no porto de Ribeira (O Barbanza) procedentes dun pesqueiro que superaba o peso máximo de capturas permitido. Segundo informou o Instituto Armado, a Unidade efectuaba un servizo propio na zona do porto da localidade cando observaron a atracada dun pesqueiro. Así, procederon a realizar un control das capturas que traía a bordo, constatando que foran rexistradas por un total de 2.500 quilos -o máximo permitido para este tipo de embarcación- mai que en realidade transportaba 3.279 quilogramos. Por este motivo, levantouse acta de denuncia e procedeuse á incautación do peixe.
O aeroporto de Vigo suspende a partir desta segunda feira a actividade pola remodelación da pista
O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do 6 de maio a súa actividade debido ás obras de remodelación da pista. As obras durarán nove meses mais o feche afecta só para o que queda de maio. A clausura desta infraestrutura de transporte afectará a máis de 500 traballadoras e traballadores malia evitar a súa realización en tempada alta. O feche de Peinador afectará a eventos como a feira internacional da industria do naval, Navalia, que se decorrerá os días 21, 22 e 23 deste mes a uns metros do aeroporto, nos pavillóns do Ifevi. Dúas das compañías que operan en Vigo, Air Europa e Binter, trasladaron toda a súa operativa este mes ao Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago mentres que outras optaron por reaxustar as súas liñas.
Desaloxan a veciñanza dun edificio de Tomiño por un forte cheiro a gas
Veciñas e veciños dun edificio situado na avenida de Ordóñez, en Goián, no concello de Tomiño (Baixo Miño) foron desaloxados, por precaución, tras un forte cheiro a gas. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu minutos despois das 20.30 horas desta sexta feira cando unha persoa contactou coa Policía Local e explicou que había un cheiro a butano no edificio. A central de emerxencias alertou aos Bombeiros de Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora do gas. Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron a percepción do forte cheiro a gas no segundo andar, polo que procederon a evacuar a todo o edificio. Pola súa banda, os Bombeiros comprobaron os resultados negativos dos valores e indicaron que a orixe do cheiro a gas, probablemente tiña relación coas arquetas da rúa. Desta maneira, e tras a avaliación de profesionais, a veciñanza volveu ás súas casas e non houbo que lamentar ningún dano.
Unha lectura colectiva en Santiago e Rio de Janeiro homenaxea Nélida Piñón
Guitiriz acolle a inauguración do Campionato Galego de Slálom
Até 70% de xornalistas ambientais sufriron agresións, ameazas ou presións polo seu labor
Arredor de 70% das e dos xornalistas que informan sobre cuestións ambientais ou o cambio climático tiveron que enfrontar agresións, ameazas ou presións polo seu traballo, salientou na madrugada da sexta feira un estudo da Federación Internacional de Xornalistas e a Organización das Nacións Unidas (ONU) para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). Precisamente a sexta feira conmemórase o Día Mundial da liberdade de prensa.
Jorge Mira, Paula Cabaleiro e Teresa Nieto entran no plenario doConsello da Cultura Galega
'As Neves' preestreouse na Fonsagrada
O equipo de As neves, primeira longametraxe da directora e guionista viguesa Sonia Méndez, compartiu hoxe co público da Fonsagrada a preestrea do filme, que foi rodado en diferentes localizacións do municipio, así como noutros concellos veciños e en Santiago de Compostela. O filme, protagonizado por un elenco maioritariamente novel, conta a historia dun grupo de adolescentes nunha localidade do interior a raíz da desaparición dunha das amigas durante a celebración do Entroido. O filme estreouse no Festival de Málaga e poderá verse nos cinemas a partir do 10 de maio. As neves é a primeira experiencia de Sonia Méndez como directora e guionista dunha longametraxe de ficción, se ben conta cunha recoñecida traxectoria de máis de vinte anos no sector audiovisual.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Breogán Lugo promoven a doazón de sangue
Industria e investimento centran o almorzo do Foro Económico da Galiza con Ana Pontón
Os almorzos organizados polo Foro Económico da Galiza tiveron esta quinta feira como convidada a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto no que estiveron presentes membros desta egtidade, co seu director, Santiago Lago; á fronte. No almorzo foron abordadosdiversos asuntos que están na axenda parlamentaria da lexislatura que vén de comezar. A portavoz do BNG falou de tecnoloxía, da necesidade de atraer inversión á Galicia, da transición enerxética, do modelo de financiación autonómica e, de xeito especial da situación do tecido industrial de Galiza. Durante case as dúas horas do almorzo, tamén foi abordado o futuro do proxecto de Altri , así como o sector forestal como eido estratéxico para o desenvolvemento e dinamización do rural. Tamén os participantes abordaron a necesidade de incrementar os fondos para investigación nas Universidades galegas e como potenciar as relacións das universidades e co tecido empresarial.
Dous investigados nunha operación en locais de tatuaxe coruñeses por importacións sen trámites aduaneiros
A Garda Civil realizou unha inspección de 23 locais de tatuaxe, micropigmentación e piercing na provincia da Coruña no marco da operación Ospyl pola importación de produtos nos que se eluden os trámites aduaneiros, a cal se saldou con dous investigados e diversas incautacións de miles de agullas e tintas, así como de drogas. Isto operativo foi desenvolto pola Patrulla Fiscal e Fronteiras da Coruña (Pafif) en colaboración co Destacamento de Fiscal e Fronteiras do Porto da Coruña. A investigación iniciouse o pasado 5 de febreiro ao ter coñecemento destas importacións ilegais. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, houbo inspeccións en estaeblecementos nos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo, Betanzos, Sada e Miño. Así, prodúcense 19 infraccións á normativa de contrabando, 33 infraccións á normativa sanitaria, 11 infraccións á normativa tributaria e laboral, 14 infraccións á normativa de protección de datos e consumo, así como oito infraccións á normativa de seguridade cidadá e estranxeiría.
Excarcerados e evacuados ao hospital dous ocupantes dun coche que chocou contra varios vehículos estacionados en Ourense
Dúas persoas tiveron que ser excarceradas e logo evacuadas a un hospital tras chocar o coche no que viaxaban con outros turismos estacionados en Ourense, segundo informou o CIAE 112 Galiza. Os feitos ocorreron sobre as 20 horas desta cuarta feira, e foi un particular que presenciou o ocorrido o que avisou a Emerxencias. O accidente tivo lugar na rúa Díaz da Banda, onde un turismo chocou contra varios vehículos aparcados. A testemuña que avisou ao 112 sinalou que podía haber varias persoas atrapadas no interior dun dos coches implicados.
O primeiro ministro de Australia proclama que a violencia machista é unha "crise nacional" após duplicarse a cifra de asasinatos
Anthony Albanese, primeiro ministro progresista de Australia, subliñou a cuarta feira que padecen unha “crise nacional” polo “flaxelo” da violencia machista, tras as protestas neste sentido en múltiples cidades. 28 mulleres foron asasinadas ao longo de 2024, o dobre que no mesmo período de 2023. Albanese anunciou un programa de apoio para mulleres que escapan de situacións de violencia e outro para combater as falsificacións pornográficas.
Vero Boquete clasifica a Fiorentina para a Champions
Aos seus 37 anos, a futbolista galega Vero Boquete continúa facendo historia. A futbolista galega vén de ser determinante para que o seu actual club, a Fiorentina italiana, fechase a súa clasificación para a Champions League. Nun encontro que enfrontou o cadro viola co nerazzurro do Inter de Milán durante a xornada de hoxe, un tanto de Boquete no minuto 95 de partido serviu para subir ao marcador o 2-2 definitivo e fechar, así, a presenza da Fiorentina na próxima edición da máxima edición continental. Agora, os próximos desafíos que deberá afrontar a compostelá serán as dúas datas restantes da Serie 'A' do Calcio e a finalísima da Copa de Italia.
Deporte e solidariedade danse a man en Ourense
Stellantis deterá parte da súa produción da quenda de noite da cuarta feira en Vigo por falta de pezas
A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de noite desta cuarta feira, 1 de maio, por falta de pezas necesarias para a fabricación dos seus vehículos. Tal como informou a compañía ao cadro de persoal, por causas de forza maior, debido a problemas de aprovisionamento, suspenderase a actividade da quenda de noite no Sistema 1 da planta de Balaídos, que ensambla os Peugeot 2008. Esta parada únese ás anterior ocasións nas que a fábrica de Vigo viuse obrigada a suspender os seus traballos por problemas similares nos últimos meses.
Brasil supera os catro millóns de casos de dengue, que xa se converteu nunha epidemia rexional
Nos primeiros catro meses de 2024 as autoridades brasileiras notificaron 4,12 millóns de casos probábeis de dengue, cunha incidencia de máis de 2.000 casos por cada 100.000 habitantes, e confirmaron máis de 1.900 falecementos, con outros 2.345 baixo investigación, recolleron a terza feira medios internacionais. A expansión do dengue pola rexión levou Guatemala a declarar a emerxencia sanitaria para tratar de conter a doenza.