04/maio/24 - 18:27
O aeroporto de Vigo suspende a partir desta segunda feira a actividade pola remodelación da pista
O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do 6 de maio a súa actividade debido ás obras de remodelación da pista. As obras durarán nove meses mais o feche afecta só para o que queda de maio. A clausura desta infraestrutura de transporte afectará a máis de 500 traballadoras e traballadores malia evitar a súa realización en tempada alta. O feche de Peinador afectará a eventos como a feira internacional da industria do naval, Navalia, que se decorrerá os días 21, 22 e 23 deste mes a uns metros do aeroporto, nos pavillóns do Ifevi. Dúas das compañías que operan en Vigo, Air Europa e Binter, trasladaron toda a súa operativa este mes ao Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago mentres que outras optaron por reaxustar as súas liñas.